Mostrando entradas con la etiqueta agenda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta agenda. Mostrar todas las entradas

Cociñando Coas Razas Autóctonas en #galodecruces

O pasado 21 de decembro celebrouse en Vila de Cruces a Feira do Galo de Curral e alí estiveron presentes os Galos e Galiñas de Mos.

Os asistentes a esta feira non so puideron probar os 19 pratos que se elaboraron con galos e galiñas de Mos na I exaltación de ecoreceitas con esta raza autóctona senón que tamén puideron mercar os galos xa limpos para cociñar no nadal.

E aquí a receita escollida por Rocío para ese día: Galo de Mos guisado con Sidra con crema de Fabás de Lourenzá e queixo país con cabaza salteada.

Foto: Os dejo la receta que prepare para la degustación del #galodecruces en la Feria del Galo de Curral Vila de Cruces con Galo de Mos

http://cocinademiabuelo.blogspot.com.es/2014/12/receta-galo-de-mos-la-sidra-con-crema.html

E estas son algunhas das fotos dese día:
Foto



Podédes ver máis fotos desta xornada nas redes sociais buscando #galodecruces

Presentación del libro en el Forum 2014



Este año en el forum 2014 que se celebró en Coruña fue presentado el libro de la mejor manera posible que se pueden presentar: cocinando y probando.

Se presento el libro y se cocino en directo una de las 5 razas vacunas: la vianesa. Para ello se adapto una de las recetas del libro: AGUJA DE VIANESA AL MENCIA.



Los asistentes probaron pro primera vez la carne desta raza y conocieron el resto de razas. En el taller, realizado en el stand de Servino y Chicolino, también se explicaron todo el proceso de recuperación de las razas.
Y por supuesto el plato fue maridado con un Ribeira Sacra que nos dió a conocer el sumillier Alejandro Paadín.
 Foto: Espectacular guiso de Vianesa con mencía Don Ramón y pan con Auga Mareira Pura Agua de Mar by Rocio Cocina Abuelo. Amén!!

FEIRA DO LIBRO DE VIGO

ROCÍO GARRIDO PRESENTARÁ “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO
03.07.2013. Este domingo 7 de xullo, ás 19.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Vigo.

O receitario, editado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga, conta cun dos premios Gourmand World Cookbook de 2012, galardóns de ámbito internacional cos que se distingue a produción editorial gastronómica e que recoñeceron esta publicación como a mellor de cociña sostible de España do ano pasado.

Cociñando coas razas autóctonas inclúe receitas elaboradas pola propia autora con carnes de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción: Ovella Galega, Cabra Galega, Galo Mos, Porco Celta, Cabalo de Pura Raza Galega e as bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. No receitario tamén vén o modo de preparación de varias larpeiradas elaboradas a base de leite, ovos e queixo fresco, todos produtos secundarios derivados das devanditas razas.

Rocío Garrido Caramés (Sanxenxo, 1976) é afeccionada á cociña e editora do blog La cocina de mi abuelo.


Presentación e firma de libros en Pontevedra



PRESENTACIÓN DO RECEITARIO  “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” NA FEIRA DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Este sábado 25 de maio, ás 12.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Pontevedra, na praza da Ferrería. A continuación, a autora firmará exemplares na caseta da Libraría Pedreira.
O receitario, editado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga, xa conta no seu haber cun dos Gourmand World Cookbook Awards de 2012, galardóns de ámbito internacional cos que se distingue a produción editorial gastronómica e que recoñeceron esta publicación como o mellor libro de cociña sostible de España.
Cociñando coas razas autóctonas  inclúe receitas elaboradas pola propia autora con carnes de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción: Ovella Galega, Cabra Galega, Galo Mos, Porco Celta, Cabalo de Pura Raza Galega e as bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. No receitario tamén vén o modo de preparación de varias larpeiradas elaboradas a base de leite, ovos e queixo fresco, todos produtos secundarios derivados das devanditas razas.
Rocío Garrido Caramés (Sanxenxo, 1976) é afeccionada á cociña e editora do blog La cocina de mi abuelo. O denominador común de todas as receitas de Cociñando coas razas autóctonas é a sinxeleza, xa que se poden facer cuns poucos ingredientes coñecidos e asequibles, “que todo o mundo ten no refrixerador”.
Este é o primeiro libro da autora pontevedresa, cuxa presentación oficial tivo lugar o pasado xuño no Salon de Alimentación do Atlántico (Salimat). Neste acto, Rocío puntualizaba que “cando un produto é bo non se necesita moito condimento”.