Os asistentes a esta feira non so puideron probar os 19 pratos que se elaboraron con galos e galiñas de Mos na I exaltación de ecoreceitas con esta raza autóctona senón que tamén puideron mercar os galos xa limpos para cociñar no nadal.
E aquí a receita escollida por Rocío para ese día: Galo de Mos guisado con Sidra con crema de Fabás de Lourenzá e queixo país con cabaza salteada.

E estas son algunhas das fotos dese día:


Podédes ver máis fotos desta xornada nas redes sociais buscando #galodecruces