Cociñando coas razas autóctonas


"En contra do que se pode pensar, a mellor maneira de recuperar unha raza en perigo de extinción, é coméndoa. Deste paradoxo, xorde a necesidade de explicar que, consumindo produtos das razas autóctonas, achegaremos valor e farémonos cómplices dun amplo proxecto de recuperación do noso rural"
 Cástor José Rivero Martínez
( Director do centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia)

"Como consumidores temos pasado unha longa etapa na que nos volvemos pouco esixentes, na que nos preocupabamos por se o que mercabamos era verdadeiramente de calidade, ata case anestesiar o padal. Parece que na actualidade esa actitude esta a mudar, o cal é un bo sinal. Nunca esquezamos que a calidade das nosas razas autóctonas é a que é grazas a como están coidadas e a que comen o que a terra lles dá. Sempre falamos do ben que se coe na aldea, presumimos de comer ovos da casa, ou do que "esta carne é da casa". Se presumimos e valoramos tanto iso, por que non o aplicamos na nosa cesta da compra?"

José Manuel García
( Director e presentador do programa gastronómico da Radio Galega Come e Fala)

"Cando o produto é bo non fan falla moitos condimentos para obter o mellor bocado e hoxe os galegos estamos de sorte, pois temos os mellores produtos cárnicos na nosa terra; carnes producidas en Galicia e das razas autóctonas que non só nos producen alimento senón que manteñen viva a nosa estrutura social e cultural; razas das que temos que presumir e consumir, porque nas nosas mans e no noso padal temos a chave da sustentabilidade da súa recuperación, para que os nosos descendentes poidan seguir gozando dos seus sabores e texturas, ao igual que se nos brindou a oportunidade de facelo coa recuperación destas razas"

Rocio Garrido Caramés
(Autora do libro e editora do blog gastronómico La Cocina de mi Abuelo)