Entrevista Diario de Arousa 18/11/2012

“La cocina de mi abuelo é a mostra de que coidar a un dependente non impide traballar” 

ENTREVISTA
A. B.

Rocío Garrido Caramés, con varios ejemplares de su libro “Cociñando coas razas autóctonas”
A Rocío Garrido Caramés, unha rapaza de Sanxenxo especializada en Informática de Xestión, vaille tocar o vindeiro sábado iniciar o Simposium en Igualdade que se vai celebrar no Grove.A súa elección non foi aleatoria. O seu relatorio, “Por decisión propia”, permitirá a Rocío falar de como, de xeito voluntario, leva tempo adicándose ao coidado do seu avó, un home dependente que recibe na súa casa todas as atencións que precisa.
Esta moza compartirá cos asistentes a este Congreso a súa experiencia, que demostra que coidar a un maior non implica renunciar ao mundo laboral. Dende a súa vivenda en Sanxenxo, Rocío puxo en marcha un blog, “la cocina de mi abuelo”; publicou un libro, “Cociñando coas razas autóctonas”, e comeza a adentrarse no mundo da empresa.
Os seus coñecementos informáticos xogaron, sen dúbida, un papel importante na expansión do seu proxecto que, nestes momentos, lle permite ter en marcha iniciativas coas que esta moza quere encauzar o seu futuro laboral.

Como e cando xurdiu o blog “la cocina de mi abuelo”?
En setembro fixo dous anos. Primeiro ocurriuseme como entretemento, porque levaba uns meses na casa ao coidado de meu avó e era una ventá de escape, e pouco a pouco están xurdindo proxectos laborais.

As aventuras e desventuras que pasamos meu avó e eu, como leva a súa enfermidade e desmitificar un pouco certas doenzas dexenerativas, pois o blog tamén nace coa idea de que a través de certas comidas se pode estimular a persoas dependentes son outros dos eixos do blog, e como meu avó me pide receitas da súa infancia que eu intento recuperar.

En que tipo de proxectos estás agora?
Recentemente creei unha tenda online de menaxe de cociña e orientada á repostería creativa e xunto a outros dous socios vamos impartir cursos e talleres de cociña pola comarca do Salnés e de Pontevedra. Outra cousa na que estou volcada agora mesmo é a creación de unha empresa de catering para grupos reducidos baseada na idea de cociña caseira.

Que ofrece “la cocina de mi abuelo”?
Recetas tradicionais elaboradas con peixes, carnes ou verduras galegas.

No blog non so hai receitas senón tamén un apartado adicado á horta. Á xente gústalle ver como se prantan as verduras, como se recolectan e se cociñan, ademáis de tutorías para que a xente aprenda a diferenciar os produtos galegos, por exemplo como distinguir as ameixas ou os distintos peixes planos, .... ou ver como se fai a vendima e elaboración do viño. Estos puntos son os que á xente lles gustan

Canta xente visita o blog diariamente?
Recibe ao redor de 1.600 visitas diarias, e a participación é moi activa, porque a xente pregunta cousas, prantexa dúbidas...

Hai uns meses, presentaste en Silleda o libro “Cociñando coas razas autóctonas”. Que ofrece?
Contén receitas de cociña coas 10 razas autóctonas galegas que estiveron en perigo de extinción e que grazas á labor de gandeiros e da Federación Boaga hoxe están recuperadas e podemos disfrutar delas nas nosas mesas

Son receitas sinxelas de facer, das que moitas nos lembrarán os guisos das casas das avoas e con ingredientes que todos temos nas nosas despensas. Por outra banda tamén hai receitas de postres con derivados destas razas como leite, ovos, queixos,..... e ademáis o libro aposta polos produtos galegos como os viños das D.O. galegas, as castañas, os grelos, os queixos ...

O libro, ademáis de estar das librerías, pódese adquirir a través do blog “la cocina de mi abuelo”. n