PRESENTACIÓN
DO RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS”
NA FEIRA DO LIBRO DE PONTEVEDRA
Este
sábado 25 de maio, ás 12.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu
libro de receitas Cociñando coas razas
autóctonas na Feira do Libro de
Pontevedra, na praza da Ferrería. A continuación, a autora firmará exemplares na caseta da Libraría Pedreira.
O
receitario, editado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga, xa
conta no seu haber cun dos Gourmand World Cookbook Awards de 2012, galardóns de
ámbito internacional cos que se distingue a produción editorial gastronómica e
que recoñeceron esta publicación como o mellor libro de cociña sostible de
España.
Cociñando coas razas autóctonas
inclúe receitas elaboradas pola propia autora
con carnes de todas as razas autóctonas
galegas en perigo de extinción:
Ovella Galega, Cabra Galega, Galo Mos, Porco Celta, Cabalo de Pura Raza Galega
e as bovinas Cachena, Caldelá,
Frieiresa, Limiá
e Vianesa. No receitario tamén
vén
o modo de preparación
de varias larpeiradas elaboradas a base de leite, ovos e queixo fresco, todos
produtos secundarios derivados das devanditas razas.
Rocío Garrido Caramés
(Sanxenxo, 1976) é
afeccionada á
cociña
e editora do blog La cocina de mi abuelo.
O denominador común
de todas as receitas de Cociñando coas razas autóctonas é a sinxeleza, xa
que se poden facer cuns poucos ingredientes coñecidos e asequibles, “que todo o mundo
ten no refrixerador”.
Este
é o primeiro libro da autora pontevedresa, cuxa presentación oficial tivo lugar
o pasado xuño no Salon de Alimentación do Atlántico (Salimat). Neste acto,
Rocío puntualizaba que “cando un produto é bo non se necesita moito
condimento”.